Aviso Legal – Política de Privacidade

Quen somos e que finalidade temos?

emprego.cifprodolfoucha.es somos unha plataforma onde se poñen en contacto empresas que ofrecen postos de traballo, coa parte do noso alumnado que, voluntariamente, ao rematar os seus estudos, queira procurar un emprego.

Polo tanto, os datos que se proporcionan para crear os perfís de usuario empresa ou de usuario candidato só poderán ser tratados para tal fin e non poderán ser cedidos a terceiros. Especificamente eses usos serán:

  1. Comunicar os datos do usuario candidato á empresa á que pertenza a oferta de traballo á que se apunte o alumno ou alumna.
  2. Enviar un aviso ao correo electrónico do usuario candidato, cada vez que unha empresa colgue unha nova oferta de traballo que pertenza a o sector ou sectores seleccionados polo alumnado dado de alta.
  3. Permitir que os usuario empresa poida visualizar o currículum vítae do usuario candidato cando este seleccione a súa oferta.

A utilización por parte dos usuarios de calquera dos servizos da plataforma supón e expresa a súa adhesión e aceptación a todas as Condicións Xerais de Uso, así como as Condicións Particulares que, no seu caso, sexan de aplicación.

O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro resérvase o dereito a modificar sen previo aviso as presentes Condicións Xerais de Uso co obxecto de adecualas á lexislación vixente aplicable en cada momento, as novas xurisprudencias e as prácticas habituais. Así mesmo resérvase a posibilidade de modificar, sen previo aviso, o deseño, presentación e/ou configuración deste sitio web, así como algúns ou todos os servizos, e engadir servizos novos.

Responsable do tratamento

Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro

Enderezo postal: Avda. Castelao 64, 15406 Ferrol.

Teléfono: +34 881 930 145

Contacto: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal

O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro non se responsabiliza dos produtos ou servizos prestados ou ofertados polas persoas candidatas, empresas ou terceiros por medio dos seus servizos, tampouco por contido, información, comunicación, opinión ou manifestación de calquera tipo que teña a persoa candidata, empresa ou terceiros e que comuniquen, transmitan ou exhiban a través dos nosos servizos.

Lexitimación para o tratamento da información

Os usuarios que envían os datos dos correspondentes formularios para rexistro na bolsa manifestan ter lido e aceptado a Política de Protección de Datos. Do mesmo xeito, outorgan o seu consentimento expreso e inequívoco para o tratamento dos seus datos persoais conforme ás finalidades informadas.

Tanto os usuarios candidatos como os  usuarios empresas deben seleccionar o identificador (IDE ou “login”) e o contrasinal comprometéndose a conservalo e a usalo coa dilixencia debida. O uso do contrasinal é persoal e intransferible, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros.

Cláusula para empresas

Toda empresa que se inscriba na bolsa está lexitimada a acceder á información contida nos currículum vitae dos candidatos que acepten as súas ofertas, pero non poderán usala para ningunha outra finalidade que a de cubrir o posto de traballo ofertado, non podendo cedela baixo ningún concepto a terceiros.

Así mesmo, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro resérvase a potestade de retirar, sen previo aviso do sitio web aqueles contidos que se consideren ilícitos e/ou non apropiados ás características e finalidades da bolsa.

Non se permite expresamente, a publicación de ofertas de emprego de carácter piramidal.

Todo candidato poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e borrado desa información dirixíndose á empresa por escrito, a través dos datos de contacto publicados no perfil da bolsa.

Cláusula para candidatos

Todo candidato que se inscriba na bolsa está lexitimado a acceder á información sobre as ofertas de traballo colgadas polas empresas, que sexan coincidentes co seu sector ou sectores profesionais. Aceptan que para tal fin, lles chegue un aviso ao seu correo electrónico. Ao apuntarse a algunha ou algunhas das ofertas de traballo activas permiten que a empresa oferente poida acceder ao seu currículum vitae, se é que o ten subido á bolsa.

Así mesmo, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro resérvase a potestade de retirar, sen previo aviso do sitio web aqueles contidos que se consideren ilícitos e/ou non apropiados ás características e finalidades da bolsa.

Todo candidato poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e borrado desa información dirixíndose á empresa por escrito, a través dos datos de contacto publicados no perfil da bolsa.

Destinatarios dos datos

No caso da información sobre as ofertas das empresas, os destinatarios son os candidatos do mesmo sector profesional que serán alertados mediante un aviso ao seu correo electrónico.

No caso da información sobre os candidatos e, se é o caso, dos seus currículum vitae, os destinatarios son as empresas que colguen ofertas de traballo dos mesmos sectores profesionais que os declarados polos demandantes.

Obrigas dos destinatarios dos datos

Empresas e usuarios candidatos rexistrados están obrigados a respectar as leis aplicables e os dereitos de terceiros, ao empregar os servizos e contidos da bolsa de emprego. Non se poderá difundir, reproducir ou comunicar publicamente os contidos, de usuarios ou terceiros, sin ter autorización previa do titular dos dereitos.

Exercicio de dereitos

Calquera usuario poderá exercer de xeito inequívoco e fidedigno, o dereito a acceder aos seus datos na bolsa para rectificalos ou para cancelalos se así o desexa, a través do contacto do responsable do tratamento.

Uso de COOKIES

O sitio web emprego.cifprodolfoucha.es (SITIO WEB) pode utilizar cookies cando un USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas por sitio web asócianse unicamente cun USUARIO/A anónimo e o seu computador e non proporcionan por si o nome e apelidos do USUARIO. Grazas ás cookies, resulta posible recoñecer aos/as USUARIOS/AS rexistrados despois de que estes rexistráronse por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco ríxido nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos da persoa USUARIA son cifrados para maior seguridade.

O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco ríxido. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o Usuario/a se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro.

De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.

Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

Cookies de análise: Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

Recabamos cookies propias y de terceros, ofreciéndole a continuación en forma de tabla, toda la información respecto a las mismas:

PHPSESSID : Esta cookie e nativa de PHP e permite a  web gardar datos serializados de estado. Non tien caducidade establecida xa que desaparece cando se cerra a web.

_ga : Utilizase para identificar mediante Google Analytics e distinguir a un usuario. Almacenan un identificador de cliente único (ID de cliente), que se xenera aleatoriamente. Utilizase para calcular as interaccións dos usuarios (visitas, os datos de usuarios, sesións e campañas).

wordpress_test_cookie: Esta cookie usase para que o xestor de contenidos WordPress comprobe se o navegador ten cookies activadas.

__atuvc : cookies de Addthis. _atuvc é una cookie que proporciona los botóns para compartir información e artículos en redes sociais como Twitter, Facebook, Blogger, Tuenti, Google+ y otros. É unha cookie con unha permanencia de 2 anos. Non permite identificar ó usuario (cookie anónima). uid é una cookie que permite saber aproximadamente a ubicación geográfica de los usuarios para el análisis estadístico de la web, expirando tamén ós 2 anos.

__atuvs : Comparte contido con unha amplia gama plataformas de redes e recursos compartidos. Almacena un contador actualizado de páxnas compartidas. Duración 30 min.

CookieConsent : Cookie para detectar a aceptación de uso de cookies. Cookie (de terceros) 1 mes

wordpress_logged_in_ : Cookie de WordPress para usuarios con sesión iniciada. Técnica. Sesión

wordpress_test_cookie : Esta cookie usase para que o xestor de contidos WordPress comprobe si o navegador ten as cookies activadas e por tanto, si o usuario acepta cookies. Técnica Sesión

wp-settings- : Esta cookie utilizase para personalizar a interfaz do usuario. Técnica. Sesión

wp-settings-{time}-{UID} : O UID situado al final del nombre de la cookie conten o ID de usuario almacenado na base de datos de WordPress. Usase para almacenar o aspecto de la interfaz de administración y pode ser usada para almacenar o aspecto do sitio principal. Técnica. 1 año

redux_current_tab_get: Cookie para mellorar a navegación na web , De terceros, WordPress. 1 semana

redux_current_tab_careerfy_framework_options: Cookie para mellorar a navegación na web , De terceros, WordPress. 1 semana

redux_current_tab: Cookie para mellorar a navegación na web , De terceros, WordPress. 1 semana

Nalgúns navegadores pode configurar regras para administrar cookies por sitio, o que lle ofrece un control máis preciso sobre a súa privacidade. Isto significa que pode inhabilitar cookies de todos os sitios salvo daqueles nos que confíe. Por tanto, vostede pode permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador:

Para máis información sobre Navegador Chrome pulse aquí.

Para máis información sobre Navegador Mozilla Firefox pulse aquí.

Para máis información sobre Navegador Internet Explorer pulse aquí.

Outra das funcións de todos os navegadores é o modo incógnito ou navegación privada. Pode navegar en modo de incógnito cando non queira que as súas visitas a sitios web ou as súas descargas rexístrense nos historiais de navegación e descargas. As cookies creadas en modo de incógnito elimínanse despois de pechar todas as xanelas de incógnito.