Quest Global

  • Ferrol, Coruña, A, C Avenida do Mar 148; Local 1; Planta 1ª, 15570 Ver en Mapa

Visión xeral

  • Sectores Edificación e Obra Civil
  • Postos de traballo publicados 0

Descrición Da Empresa

Somos Quest Global e creamos solucións dirixidas a construír o futuro a través da enxeñaría. O noso propósito, cara a onde nos diriximos, é o que nos fai diferentes. Cremos que a enxeñaría é a chave para resolver os problemas do presente e abrir o camiño cara o futuro. O noso obxectivo é ser o socio de máxima confianza fronte aos maiores desafíos que nos presenta a enxeñaría a nivel mundial, obxectivo polo que seguimos esforzándonos dende fai 25 anos. 17 países, con base en Singapur, 56 oficinas (laboratorios e centros de entrega globais) e máis de 17000 profesionais que cada día sacan o seu maior potencial e fan posible o imposible.

Quest Global ten un profundo coñecemento da industria e experiencia dixital co obxectivo de ofrecer servizos globais de enxeñaría end-to-end. Unindo tecnoloxía, industria e o talento e diversidade das persoas coas que traballamos, logramos resolver problemas da forma máis rápida e efectiva. Este enfoque multidimensional permítenos responder ante os maiores retos nas industrias Aeroespacial e de Defensa, Automoción, Enerxética, Alta Tecnoloxía, Asistencia Sanitaria, Dispositivos Médicos, Ferroviaria e de Semicondutores.